Os novos: os mais grandes


Os Novos foi unha serie da televisión británica emitida entre 1982 e 1984 pola BBC. O seu humor anárquico e pouco convencional axudou a levar a comedia alternativa á televisión nos 80 e convirtíu en nomes coñecidos ós seus actores e guionistas. Pouco despois, o programa emitíuse na MTV, sendo un dos primeiros programas non musicais emitidos por esta cadea nos seus comezos.
O programa xira arredor de catro estudiantes universitarios que comparten unha casa: o violento rockero punk Vyvyan (Adrian Edmndson), o presuntuoso anarquista Rick (Rik Mayall), o sufrido hippie Neil (Nigel Planer), e o misterioso e diminuto Mike (Christopher Ryan). Tamén actuaba na comedia Alexei Sayle, como Jerzei Balowski, casero do cuarteto, e outros membros da familia Balowski.

O programa combinaba o estilo tradicional das comedias de situación coa violenta astracanada, os trocos de argumento mais incongruentes e o surrealismo. Estes estilos mais antigos combinábanse coas actitudes da clase baixa e media-baixa do crecente boom da comedia alternativa dos 80, no que todos os actores, agás Ryan, participaran.

Ó pesar de que a serie situábase no norte de Londres, moitos dos exteriores filmáronse en Bristol. Os catro personaxes estaban inscritos no ficticio Scumbag College, inda que nunca se lles viu asistindo a clases e raramente se lles vía estudar.
O programa foi elexido número 31 na votación organizada pola BBC para elexir a millor comedia de situación do Reino Unido en 2004.

Neste blog poderás ver a serie completa coa dobraxe orixinal que emitira a TVG nos  anos 80


4 comentarios:

  1. Aleluia!
    Graciñas... agora só faltaría a primeira tempada das 'Bola de dragón'... Son Goku power!!

    ResponderEliminar
  2. Eu queria a serie "Alo Alo" que so a atopo en castelan :-(

    ResponderEliminar
  3. Ando na procura, ariel. Cando teña algo, aviso
    Grazas

    ResponderEliminar